luns, 16 de febreiro de 2015

Semana da froita

Neste entroido comezamos a semana de promoción do consumo de froitas, na que toda a comunidade educativa vai a colaborar para promover hábitos saudables.

Nesta semana tentaremos facer comprender os nosos alumnos a importancia do consumo destes alimentos e os seus beneficios para nosa saúde.

Nesta liña non soamente rapartiremos froita senon que aprenderemos a súas cualidades como pezas fundamentais dunha dieta equilibrada, formas diferentes e divertidas de preparación, o camiño que segue dende a árbore ata as nosos pratos,... E todo isto coa colaboración de nutricionistas, agricultores, froiteiros e cociñeiros que impartirán un ciclo de conferencias e charlas tanto para alumnos como para pais e profesores do centro.

Resaltar a importancia da colaboración dos pais, profesores, asi como de persoas e empresas privadas alleas o centro. Pero sobre todo a colaboración e participación dos alumnos do centro sen a cal sería imposible levar a cabo este proxecto.

Así que, ....a comer froita!!

sábado, 14 de febreiro de 2015

Benvida

Iniciamos unha nova andaina con este novo espazo adicado os materiais didácticos, experiencias, actividades e proxectos relacionados co área de Educación Física.
Esperamos cos contidos sexan de utilidade e de voso agrado. Tamén creemos que para melllorar é fundamental saber a vosa opinión, así que, sodes libres de expresar a vosa opinión.
E dicir tamén que este é un espazo colaborativo para todos aqueles que queiran aportar  a este proxecto. Se queres participar nel non dúbides en poñerte en contacto con nós picando neste enlace ou nos enlaces da barra lateral de Google+ ou Facebook....
Grupo CIRSCOLA - 2015